Curso 2017/2018, novidades e inscricións

Circulares y comunicados del ANPA
admin
Site Admin
Mensajes: 12
Registrado: 09 Jun 2017 12:21

Curso 2017/2018, novidades e inscricións

Mensajepor admin » 15 Sep 2017 14:10

Benqueridas familias:

Ante todo, recibide un cordial saúdo de parte da Directiva da ANPA ante o novo curso. Esperamos seguir contando coa vosa colaboración para tentar de resolver problemas e asumir novos proxectos.

Vos comunicamos que xa está arranxado o patio intermedio, que facía pozas, grazas á colaboración do Concello coa Dirección do CEIP e a ANPA. Podedes ver fotos de como quedou no foro da ANPA facendo clic aquí (viewtopic.php?f=8&t=19 ), Lembrade que é necesario rexistrarse.

Tamén comunicarvos o noso apoio á iniciativa da Dirección do colexio de pedir un certificado médico para os rapaces ou rapazas que teñan Intolerancia a algún alimento. Pensamos que deste xeito axilizarase moito o funcionamento do comedor e eliminaranse malos entendidos con respecto ás dietas. Informámosvos tamén de que aínda se precisan pais ou nais colaboradores para atender as horas de comedor e patio. Se estiverdes interesados, poñédevos en contacto co colexio.

Pensamos que o tema do Banco de Libros funcionou axeitadamente e que non vai a haber problema, pero, no caso de que algún dos socios tivera algunha reclamación que facer, xa sabedes que contades connosco para solucionar calquera deficiencia.
Esperamos que o novo curso sexa de proveito para todos.

Por outra banda, se queredes seguir formando parte da asociación este novo curso, xa o podedes facer, ingresando na conta de ABANCA ES73-2080-0044-40-3040000690 a vosa cota de socio da ANPA do CEIP San Marcos. As cotas son:

Fillos no CEIP San Marcos Curso 2017/18
1 fillo 45 €
2 fillos 75 €
3 fillos 100 €

Despois de facer o ingreso enviade un e-mail a anpasanmarcos@anpasanmarcos.es cubrindo estes datos:

APELIDOS E NOME NAI/TITOR - TELÉFONOS CONTACTO - CORREO ELECTRÓNICO

APELIDOS E NOME FILLO/S - CURSO E AULA

Nota: Para unha mellor xestión pregamos que os ingresos sexan antes do 31 de outubro e que indiquedes curso e nome do alumno/s como concepto.

Recibide un saúdo da Directiva da ANPA

Volver a “Circulares”

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 0 invitados