Escrito do Presidente sobre o funcionamento da ANPA no curso 2016/17

Circulares y comunicados del ANPA
admin
Site Admin
Mensajes: 12
Registrado: 09 Jun 2017 12:21

Escrito do Presidente sobre o funcionamento da ANPA no curso 2016/17

Mensajepor admin » 15 Sep 2017 14:26

Benqueridas familias
Como presidente da ANPA véxome na obriga de explicar algúns puntos sobre os aconteceres do curso pasado respecto ó funcionamento da Asociación.

Banco de libros
Con respecto á recepción e posterior reparto dos lotes de libros, penso que funcionou axeitadamente. Máis do 80% do alumnado entregou os libros en plazo e o 100% os recibiu sen problemas.

Ben é certo que que houbo queixas nise 20% restante, referidas á falla de claridade dos comunicados emitidos pola ANPA ou pola falla de acceso á información. Como non creo que ese 80% que cumpriu sexa máis sagaz que o 20% restante á hora de interpretar os comunicados, máis ben penso que este retraso deberase a posibles despistes, tendo en conta que a miña idea é que todos os socios estamos pola labor de colaborar e conseguir o mellor para os nosos fillos.

Estado dos libros
Algúns dos libros van con algún escrito a lapis nas páxinas. Isto débese ó mal uso que fai unha pequena parte do alumnado dos libros. A norma é que os usuarios teñen que devolver o material en bo estado, pero tampouco se lle pode exisir a un meniño de oito anos que cumpra axeitadamente con esta obriga. Será, máis ben, cousa dos pais e nais revisar os libros antes de entregalos pensando que ese material o vai recibir outro rapaz cos mesmos dereitos que os seus fillos.

Cando se fai o reparto procuramos rexeitar os libros en peor estado, pero é unha laboura imposible revisar os volúmenes un a un, páxina a páxina. Necesitaríamos pagar a aguén para isto, o que redundaría nunha falla de tesourería necesaria para outro tipo de accións.

No caso de que os vosos fillos recibiran un material defectuoso non tedes máis que poñervos en contacto coa directiva da ANPA para ver se queda algún material en mellor estado e estaremos encantados de atendervos. 

Lembrade que o Banco de Libros é unha magnífica iniciativa posta en marcha fai xa moitos anos e que o seu funcionamento depende do interese de todos nos en levala adiante. É necesario un esforzo por parte dos proxenitores para que o material se devolva en boas condicións, é necesario un esforzo dos membros da directiva para facer os lotes de libros, e, sobre todo, é necesario un esforzo por parte dos profesores para adaptar o material curricular dispoñible e adaptalo ós novos programas. Pensade que sería moito máis cómodo para eles renovar todo o material, o que sería moi gravoso para as familias. O custo dos libros de texto ven ser entre 200€ e 300€ por curso e tede en conta que é o que se paga noutros colexios con menor sensibilidade a este tema. 

Fotógrafo 
Me chegaron algunhas críticas respecto da cutrería das fotografías deste ano. Dende esta directiva pensamos que gastar 26€ por alumno pode resultar gravoso para moitas familias, e máis para as que teñen varios fillos. Pensamos que o importante é ter un recordo dos compañeiros de cada curso, e para eso chega cun retrato de grupo de 5€. Deste xeito facemos posible que todos os alumnos teñan a súa foto, evitando o doloroso acto de expricarlle ó fillo que ten que levar as fotos de volta porque a economía da familia non pode afrontar ese gasto.

Creemos que os pais e nais que queran ter un retrato do fillo ou filla nesa edade poden porse en contacto co fotógrafo e facer todos os retratos que queiran, incluídas as fotos-carné que van no lote e que amoréanse nos nosos caixóns e nas nosas carteiras. 

Creo que antes de dar opinións deste tipo habería que facer un exercicio empatía e de humildade para pensar un pouco nos demais.

Colaboracións
Deberíades ter en conta que a Asociación non é unha cousa pechada á directiva. Calquera dos socios pode propor a súa colaboración para unha acción determinada. Por exemplo, e xa que falei do estado dos libros, organizar una "Comisión para o Borrado das Páxinas dos Libros". Sería recibida con aplausos pola nosa parte.


Por outra banda, teño que dicir que as anteditas opinlós son unha minoría -que eu saiba- e teño que amosar o meu agradecimento a todas as suxerencias, comentarios positivos e colaboración da meirande parte dos socios.


Recibide todos unha forta aperta.

Suso Cubeiro

Volver a “Circulares”

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 1 invitado